lunes, 28 de septiembre de 2020

A base molecular e fisicoquímica da vida. Os bioelementos e as biomoléculas inorgánicas

Nesta quincena profundizaremos en varios aspectos que xa foron tratados no curso pasado. Iniciaremos a unidade destacando a importancia dos bioelementos e incidindo na súa clasificación. tamén seran obxecto de estudo os diferentes tipos de enlaces que podemos atopar conformando as biomoléculas nos seres vivos. Gran parte dos contidos da quincena céntranse nas biomoléculas inorgánicas: a auga e os sales minerais. Serán descritas as propiedades físicas e químicas da molécula de auga, incidindo naqueles aspectos que teñen unha especial relevancia para a estrutura e función das biomoléculas.

Documento Biomoléculas 

Ao rematar esta quincena deberás ser capaz de:
- Determinar as propiedades fisicoquímicas dos bioelementos que os fan indispensables para a vida. Relacionar os enlaces químicos coa súa importancia biolóxica.
- Argumentar as razóns polas que a auga e os sales minerais son fundamentais nos procesos biolóxicos.

Exercicios autoavaliables

Resumo

No hay comentarios:

Publicar un comentario